Movistar emite facturas por liñas telefónicas canceladas a un cliente

Movistar emite facturas por liñas telefónicas canceladas a un cliente
Movistar emite facturas por liñas telefónicas canceladas a un cliente

Movistar esixíalle, a través dunha empresa de xestión de cobros e con ameazas de emprender un proceso xudicial, corenta euros por cada unha das liñas móbiles canceladas meses atrás

Un asociado da UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia) tivo que facer fronte a emisión de facturas por un servizo non contratado. Movistar reclamáballe o pago de varios recibos despois de cancelar as tres liñas telefónicas, unha fixa e dúas móbiles, que tiña contratadas.


Movistar esixíalle, a través dunha empresa de xestión de cobros e con ameazas de emprender un proceso xudicial, corenta euros por cada unha das liñas móbiles canceladas meses atrás. O operador aseguroulle que unha vez amortizada esa contía non se lle reclamarían máis recibos. A pesar de que fixo ese pagamento, volvéronlle emitir unha nova factura, esta vez de 34 euros, por unha das liñas canceladas.


En vistas a solucionar a problemática deste asociado, UCGAL contactou coa compañía telefónica e verificou que non se chegara a tramitar a cancelación de ningunha das liñas móbiles, figurando unha delas de baixa por falta de pago. 

Unha vez aclarado este punto, solicitóuselle a Movistar o reembolso dos cartos que o asociado se vira obrigado a pagar, a cancelación da última factura, a eliminación dos seus datos en empresas de xestión de cobros e ficheiros de morosos, así como unha compensación económica polas molestias ocasionadas.

A intervención da UCGAL propiciouque o operador fixera finalmente efectiva a baixa das dúas liñas móbiles, reembolsase os importes cobrados indebidamente e desistise na emisión de novas facturas.

Comentarios