Os infantís de Brión son proclamados campións provinciais da Liga de Fútbol Sala en Idade Escolar

Os infantís de Brión son proclamados campións provinciais da Liga de Fútbol Sala en Idade Escolar
Os infantís de Brión son proclamados campións provinciais da Liga de Fútbol Sala en Idade Escolar

Os xogadores que dirixe José Manuel Trigo lograron esta fin de semana o máximo triunfo ao que poden acceder na súa categoría

O equipo infantil das escolas deportivas municipais do Concello de Brión proclamouse campión provincial da Liga de Fútbol Sala e Idade Escolar, cuxa fase final se xogou este sábado no polideportivo municipal de Noia. Os xogadores que dirixe José Manuel Trigo Romero, técnico de Deportes do Concello de Brión, logran deste xeito o máximo triunfo ao que poden acceder na súa categoría, xa que non hai fase autonómica.

Este sábado, os brioneses derrotaron na semifinal ao equipo do Concello de Curtis por 7-4, derrotando na final provincial ao Colexio Compañía de María da Coruña por un contundente 10-1. Deste xeito, este grupo de rapaces desquítase da derrota sufrida o ano pasado, cando como alevíns se proclamaran campións da fase intercomarcal pero caeran na fase final fronte aos anfitrións do Betanzos.

Os trofeos e as medallas de campións foron entregadas polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e polo concelleiro de Deportes, Ramón Santos.

Comentarios
Lo más