A Festa das Letras na Carballeira de Santa Minia reunirá hoxe a máis de 600 rapaces de Brión

A Festa das Letras na Carballeira de Santa Minia reunirá hoxe a máis de 600 rapaces de Brión
A Festa das Letras na Carballeira de Santa Minia reunirá hoxe a máis de 600 rapaces de Brión

Participarán nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos, do IES de Brión e das escolas unitarias de Luaña, Bastavales e Os Ánxeles e incluirá recitais, baile tradicional e instalacións elaboradas durante este mes

A carballeira de Santa Minia encherase hoxe mércores 15 de maio, a partir das 11:00 horas, de literatura, música, baile e cantos tradicionais nunha nova edición da Festa das Letras na Carballeira, na que tomarán parte máis de 600 rapaces e rapazas do CEIP de Pedrouzos, do IES de Brión e das escolas unitarias de Luaña, Bastavales e Os Ánxeles. Un acto organizado polo Concello de Brión, en colaboración cos distintos centros educativos do municipio e cos membros de Protección Civil e da Policía Local.

Durante preto de dúas horas, polo palco da música da carballeira brionesa pasarán dende nenos e nenas de pouco máis de tres anos a rapaces e rapazas de 15 anos, que ofrecerán distintas representacións culturais: lectura de textos, baile tradicional, música de pandereteiras e grupos de gaitas... nun acto aberto aos veciños e veciñas de Brión. Ademais, este ano contarase coa actuación especial de “Çe Orquestra Pantasma”.

A Festa das Letras adianta este ano un día a súa celebración para non coincidir co acto de entrega do I Premio Laudamuco de textos teatrais, que terá lugar o xoves 16 de maio, ás 12:00 horas, diante do busto homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, na Carballeira de Santa Minia.

Comentarios