Voluntarios de ABANCA constrúen refuxios de fauna na contorna do Monte Pedroso

Voluntarios de ABANCA constrúen refuxios de fauna na contorna do Monte Pedroso
Voluntarios de ABANCA constrúen refuxios de fauna na contorna do Monte Pedroso

A actividade forma parte das accións organizadas polo banco e a súa obra social co obxectivo de mellorar o patrimonio natural galego

O pasado sábado o equipo de voluntariado da Obra Social de ABANCA desenvolveu unha nova acción de coidado do patrimonio natural na Granxa do Xesto e no Parque Forestal Selva Negra (Santiago). Case trinta voluntarios traballaron nun taller de elaboración e colocación de refuxios de fauna e, posteriormente, participaron nunha mesa de biodiversidade co fin poñer en valor a riqueza natural que atesoura a contorna do Monte Pedroso.

Nesta expedición, os voluntarios estiveron novamente acompañados polos expertos do Grupo Naturalista Hábitat, que asesoraron a nenos e maiores sobre a fabricación destes refuxios. A actividade tamén contou coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, e estivo enmarcada dentro da Semana Internacional do Voluntariado Corporativo, Give&Gain, que organiza Forética.

NOVAS ACTIVIDADES

Esta actividade forma parte do proxecto ‘Traballando pola mellora do patrimonio natural’ do banco e a súa obra social, que inclúe distintas actividades para a posta en valor e conservación do medio natural. Así, nas próximas semanas, os voluntarios continuarán o seu labor con novas accións en puntos de especial interese ambiental como as Fragas do Eume, a contorna da Torre de Hércules ou as Illas de Cíes e Ons.

Comentarios
Lo más