A Casa do Cabido acolle unha una exposición sobre os debuxos de Compostela

A Casa do Cabido acolle unha una exposición sobre os debuxos de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha una exposición sobre os debuxos de Compostela

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata o vindeiro mes de xullo

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, vai acoller a exposición Compostela monumental, que reúne debuxos da cidade histórica de Santiago realizados polo militar Andrés Freire Conde, artista autodidacta que comeza a debuxar e a pintar dende moi novo e aos seus 91 anos segue a manter a súa paixón pola pintura. Mañá mércores inaugúraa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. 

Ao acto asistirán, ademais do propio artista, a súa muller Tutú García Cidón e os seus fillos; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata o vindeiro mes de xullo. Poderá visitarse de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público

Comentarios
Lo más