Afundación celebra en Santiago o seu programa interxeracional

Afundación celebra en Santiago o seu programa interxeracional
Afundación celebra en Santiago o seu programa interxeracional

Este proxecto, organizado pola Obra Social de ABANCA, propicia a celebración de encontros entre maiores e adolescentes para compartir as súas experiencias na emigración

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo a cuarta edición do seu programa «Fálame da emigración» no que maiores voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogarán sobre vivencias na emigración. 

A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

Hoxe mércores 15 de maio, ás 11.35 h, celebrarase un encontro no IES Xelmírez de Santiago de Compostela entre 7 voluntarias e voluntarios do Espazo +60 Afundación de Santiago e alumnos e alumnas do centro educativo. Os socios contarán as súas experiencias como emigrantes en países como Venezuela, Holanda ou Reino Unido.

Esta cuarta edición do proxecto «Fálame da emigración» desenvolverase en centros escolares situados nas localidades onde Afundación, a Obra Social de ABANCA, ten un Espazo +60 —as sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Viveiro, Betanzos, Pontedeume e Monforte)—, coa participación de estudantes de eso. O programa está aberto a todos aqueles institutos que queiran participar no proxecto, coa incorporación continuada de novos voluntarios e voluntarias que viviron a experiencia da emigración.

Comentarios
Lo más