Bascuas escoita aos veciños de Grixoa e do Ensanche

Bascuas escoita aos veciños de Grixoa e do Ensanche
Bascuas escoita aos veciños de Grixoa e do Ensanche

A cuarta xornada de campaña levou a Compromiso ao rural e ao Ensanche

Xoán Bascuas e unha parte do seu equipo visitaron á veciñanza de Grixoa, onde mantiveron un encontro coa veciñanza e con membros da Plataforma non ao Vertedoiro Santiago-Miramontes. Alí, a candidatura de Compromiso tivo a oportunidade de intercambiar impresións coa veciñanza e presentar o seu proxecto para o rural, así como o seu apoio aos membros da plataforma.

Bascuas rematou a xornada cun encontro tamén coa veciñanza e comerciantes do Ensanche, nunha xuntanza que se centrou nos problemas do comercio e as propostas que Compromiso ten para o solar de Peleteiro, onde a formación galeguista pretende a construción de 400 prazas de aparcadoiro, un centro de día, un centro de educación infantil. Tamén defenden a redución do espazo clasificado para usos comerciais e incrementar até o 40% a proporción da edificabilidade prevista para a vivenda protexida. E, por último asumen a proposta da asociación veciñal A Raigame de situar alí un espazo para a expresión cultural.

Segundo Bascuas, "o solar de Peleteiro supón unha oportunidade para saldar a débeda histórica que o Concello ten co Ensanche en materia de equipamenteos públicos municipais".

Comentarios