Trasladan en helicóptero a un motorista con feridas de gravidade

Trasladan en helicóptero a un motorista con feridas de gravidade
Trasladan en helicóptero a un motorista con feridas de gravidade

Unha vez os servizos de emerxencia alí desprazados estabilizaron á persoa, a aeronave trasladouna ao centro hospitalario

Un motorista sufriu lesións de consideración ao colidir contra un autobús no concello de Ponteareas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso as 17:30 horas desta tarde cando o servizo sanitario de urxencia desprazaba ata a estrada que une Padrón coa localidade de Ponteareas ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que foi evacuado ata o Hospital Álvaro Cunqueiro debido á gravidade das lesións.

Axiña, ao recibir o aviso, os xestores de emerxencias informaron do sucedido aos membros do GES e Bombeiros de Ponteareas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, solicitouse a colaboración do corpo local de Policía e Protección Civil da localidade ourensán.

Unha vez os servizos de emerxencia alí desprazados estabilizaron á persoa, a aeronave trasladouna ao centro hospitalario.

Comentarios