Deteñen a un home tras ameazar cun coitelo e agredir a varios axentes da Policía Nacional

Deteñen a un home tras ameazar cun coitelo e agredir a varios axentes da Policía Nacional
Deteñen a un home tras ameazar cun coitelo e agredir a varios axentes da Policía Nacional

O home foi detido por un delito de atentado a axente da autoridade e ameazas con arma branca e será posto a disposición xudicial nas próximas horas

Un home de 42 anos, veciño de Marín, foi detido pola Policía Nacional tras ameazar e tratar de agredir cun coitelo a varios axentes.

Segundo informou a comisaría de Pontevedra, o incidente produciuse ás seis de mañá de hoxe cando os axentes responderon a unha chamada recibida no 091 na que se alertaba de que unha persoa estaba a ameazar cun coitelo a un dos seus veciños.

A patrulla policial, ao chegar ao lugar dos feitos, achou a esta persoa dentro do seu domicilio, no que se escoitaban os berros desde o exterior.

Tras esixirlle que saíse do domicilio, o individuo abriu a porta de súpeto e, cun coitelo de grandes dimensións na man, dirixiuse aos policías dicíndolles "que queredes, que vos mato".

Foi entón cando se abalanzou sobre os axentes tratando de agredirlles co coitelo.

O home foi detido por un delito de atentado a axente da autoridade e ameazas con arma branca e será posto a disposición xudicial nas próximas horas.

Comentarios
Lo más