Condenan a dous anos de cárcere o home que agrediu ao alcalde de Carnota

Condenan a dous anos de cárcere o home que agrediu ao alcalde de Carnota
Condenan a dous anos de cárcere o home que agrediu ao alcalde de Carnota

A vítima necesitou asistencia médica e tardou 29 días en curar das feridas

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de cárcere e ao abono dunha multa de 2.400 euros o home que propinou unha puñada en agosto de 2017 ao alcalde de Carnota na terraza dun bar tras discutir con el pola xestión das escolas deportivas. 

O tribunal considerouno autor dun delito de atentado á autoridade e doutro leve de lesións. Ademais, impúxolle o abono dunha indemnización a vítima de 9.310 euros. Como consecuencia da puñada que lle propinou na cara, o rexedor caeu ao chan. 

A vítima necesitou asistencia médica e tardou 29 días en curar das feridas.

Comentarios
Lo más