O frade do Cebreiro acusado de abusos sexuais a menores é condenado a 12 anos de prisión

O frade do Cebreiro acusado de abusos sexuais a menores é condenado a 12 anos de prisión
O frade do Cebreiro acusado de abusos sexuais a menores é condenado a 12 anos de prisión

Os maxistrados consideran probado na sentenza que o imputado, entre 2014 e 2015, abusou sexualmente de dous menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un frade que realizaba o seu labor no Cebreiro a doce anos de cárcere por cometer dous delitos de abuso sexual, un deles continuado, con prevalimento e acceso carnal, e outro delito continuado de utilización de menor para elaboración de material pornográfico. 

Ademais, o tribunal impúxolle dez anos de liberdade vixiada e a prohibición de comunicarse e aproximarse a unha das vítimas durante doce anos; e, á outra, durante tres.

Os maxistrados consideran probado na sentenza que o imputado, entre 2014 e 2015, abusou sexualmente de dous menores, unha nena de 16 anos “cun coeficiente próximo a unha capacidade intelectual límite” e do seu primo, de 20 anos, que presenta “unha discapacidade intelectual leve que lle impide posuír un xuízo crítico” . 

A Audiencia destaca que o condenado se prevaleu “dunha situación de superioridade manifesta que lle daba a súa condición de relixioso e a precaria situación persoal, familiar e económica da menor”.

Comentarios
Lo más