Un envío de cocaína procedente de Paraguai que remata en cárcere

Un envío de cocaína procedente de Paraguai que remata en cárcere
Un envío de cocaína procedente de Paraguai que remata en cárcere

Os maxistrados impuxéronlle ao acusado tres anos de cárcere e o abono de 17.750 euros

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou como autores dun delito contra a saúde pública aos dous acusados de idear un plan para recibir nunha vivenda de Ponteareas un paquete procedente de Paraguai que contiña cocaína. 

O envío, segundo indica o tribunal, foi interceptado en Alemaña, desde onde se alertou ás autoridades españolas. O 20 de xullo de 2017 un axente de Vixilancia Aduaneira, vestido como empregado dunha empresa de mensaxería, entregou o paquete á imputada. No seu interior había uns arquivadores, en cuxas tapas se ocultaba cocaína valorada en 17.750 euros.

Os maxistrados impuxéronlle ao acusado tres anos de cárcere e o abono de 17.750 euros. Neste caso tiveron en conta as atenuantes de confesión e drogadicción e acordaron a suspensión da pena durante catro anos coa condición de que nese prazo non delinca e que se someta a un tratamento de deshabituación das drogas. Á sospeitosa condenárona a catro anos de cárcere e ao abono dunha multa de 20.000 euros.

Comentarios