Absolven ao acusado de secuestrar a unha muller e á súa empregada de fogar en Vilagarcía

Absolven  ao acusado de secuestrar a unha muller e á súa empregada de fogar en Vilagarcía
Absolven ao acusado de secuestrar a unha muller e á súa empregada de fogar en Vilagarcía

“Non quedou acreditado que a nave industrial abandonada de Vilagarcía de Arousa fose o lugar en que ambas mulleres estiveron retidas”, salienta o tribunal na sentenza

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu o acusado de disfrazarse de garda civil e secuestrar, en novembro de 2013, a unha muller e á súa asistenta nunha vivenda de Vilagarcía e roubarlles. 

“Non quedou acreditado que a nave industrial abandonada de Vilagarcía de Arousa fose o lugar en que ambas mulleres estiveron retidas”, salienta o tribunal na sentenza, na que sinala que “o achado dos restos de sangue do acusado por si só non pode entenderse como proba de cargo para desvirtuar a presunción de inocencia”, pois afirmou que estivera con anterioridade na zona. 

“Dado que non hai certeza de que na devandita nave estivesen retidas as denunciantes, non pode concluírse con certeza que a presenza do ADN do acusado no lugar se deba a que fose o autor do delito que aquí se persegue”, indican os xuíces.

Comentarios