A boa xeira segue a carón do Atlética A Silva-Ordes

A boa xeira segue a carón do Atlética A Silva-Ordes
A boa xeira segue a carón do Atlética A Silva-Ordes

Esta fin de semana disputouse o Trofeo Marineda Atlética, que tivo lugar en Elviña. Cita da que regresaron cun bo feixe de medallas

ecentemente iniciada a tempada ao aire libre, o Club Atlética A Silva-Ordes segue facendo gala desa boa dinámica que ata o de agora viña demostrando en pista cuberta. Esta fin de semana disputouse o Trofeo Marineda Atlética, que tivo lugar en Elviña. Cita da que regresaron cun bo feixe de medallas. Ouro para María Pena en xavelina e ouro tamén para Daniel Loureiro en xavelina e 300 valos. Martiño Caneda foi prata en 300 valos, mentres que Arantxa Ferreiro e Paula Noya acadaron o bronce en xavelina e en 300 metros lisos respectivamente.

No que se refire ao Campionato Provincial que tivo lugar na Pobra Antón Raña Villaverde logrou o ouro en lonxitude. Bruno García Blanco en lonxitude, Alma Bello Iglesias en 50 metros e Icía Ares Betanzos en 2000 m conseguiron a prata. O bronce lucírono Juan Loureiro Mosquera en 500 m, Antía Calviño Salgado en altura, Xiana do Río Couto en 2000 marcha e Antía Rey Raña en tétratlon. 

Comentarios
Lo más