O SERGAS convoca 71 prazas para fisioterapeutas e 169 para enfermería especialista

O SERGAS convoca 71 prazas para fisioterapeutas e 169 para enfermería especialista
O SERGAS convoca 71 prazas para fisioterapeutas e 169 para enfermería especialista

As prazas de enfermería especialista repártense en 30 en saúde mental, 30 en enfermería familiar e comunitaria, 89 en enfermería obstétrico-xinecolóxica, 18 a enfermería pediátrica e 2 en enfermería do traballo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as convocatorias de concurso-oposición para o ingreso nas categorías de fisioterapeuta e enfermería especialista nas especialidades de traballo, saúde mental, familiar e comunitaria, obstétrica e xinecolóxica e enfermería pediátrica.

Neste proceso ofértanse un total de 169 prazas para enfermería especialista que se reparten en 30 en saúde mental, 30 en enfermería familiar e comunitaria, 89 en enfermería obstétrico-xinecolóxica, 18 a enfermería pediátrica e 2 en enfermería do traballo. Tamén se ofertan outras 71 prazas para a categoría de fisioterapeuta.

Este é o primeiro proceso selectivo que se convoca en execución do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, que crea a categoría de enfermería especialista no Servizo Galego de Saúde. 

A intención da administración é impulsar as especialidades de enfermería, coa progresiva dotación de prazas e a incorporación a estas de persoal titulado en condicións de pleno recoñecemento normativo e profesional. Galicia foi pioneira en crear a categoría de enfermería especialista

Comentarios