Mirás anuncia manter todos os servizos "se incrementar os impostos"

Mirás anuncia manter todos os servizos "se incrementar os impostos"
Mirás anuncia manter todos os servizos "se incrementar os impostos"

Mirás respondeu así a unha solicitude do PP na sesión plenaria, que demandaba unha baixada dos impostos

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, anunciou onte nun pleno extraordinario que o concello “manterá todos os servizos que lle damos aos veciños sen incrementar os impostos, a presión fiscal seguirá entre as máis baixas de Galicia”.

Mirás respondeu así a unha solicitude do PP na sesión plenaria, que demandaba unha baixada dos impostos. “Asumimos competencias que deberían ser da Xunta, por exemplo aportamos cada ano case 200.000 euros para as dúas escolas infantís, aínda que consideramos esa partida un investimento e non un gasto, porque para nós o ensino é unha prioridade”, explicou Mirás, “pero se reducimos aínda máis a presión fiscal non poderiamos manter os servizos”.

“O Señor Doval sabe perfectamente que temos uns impostos moi baixos, e que por exemplo en Oroso non aplicamos o ‘taxazo’ que Sogama impuxo aos concellos hai uns anos, polo que vir aquí a pedir novas baixadas é unha demagoxia electoralista”, afirma o alcalde.

No pleno de onte aprobaronse tamén de forma definitiva as 13 obras que o concello fará no municipio grazas o superávit co que pechou o ano 2018. O investimento conxunto nos traballos será de 670.998 euros.

“Temos unhas contas saneadas, froito dunha xestión económica responsable cun impostos moi axustados, e por iso contamos cun remanente de tesourería de 1.340.852 euros, o que nos permite realizar novos investimentos, tendo en conta sempre as demandas dos nosos veciños”, engadiu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Comentarios