Touro presenta a súa programación para o verán

Touro presenta a súa programación para o verán
Touro presenta a súa programación para o verán

Nas próximas semanas celebraranse no Concello de Touro probas deportivas como a VII Carreira Pedestre Popular, a X Ruta Río Ulla BTT, a XVIII Volta Ciclista Provincia da Coruña ou o Trofeo F-8 Benxamín e Prebenxamín Concello de Touro

O Concello de Touro presentou no Centro Social de Maiores de Touro, ubicado na zona de servizos de Fonte Díaz onte tamén está localizada a Casa de Cultura, o PAI e a piscina, a programación cultural e de lecer para o tempo de verán. Acudiron veciños e veciñas para coñecer a oferta lúdica que o Concello de Touro pon a disposición dos habitantes de Touro e tamén das persoas que quieran disfrutar de actividades lúdicas e formativas para todas as idades ata o mes de outubro.

Nas próximas semanas celebraranse no Concello de Touro probas deportivas como a VII Carreira Pedestre Popular, a X Ruta Río Ulla BTT, a XVIII Volta Ciclista Provincia da Coruña ou o Trofeo F-8 Benxamín e Prebenxamín Concello de Touro. Para o 22 de xuño está programada unha excursión á praia das Catedrais e o Día do Neno está previsto para o domingo, 23 de xuño. Haberá parque infantil, xogos de auga e tren turístico durante o día todo. Ese día tamén actuará o Mago Antón, que achegará a Touro a súa nova aventura. 

A xa clásica V Xornada de Pesca Infantil, para nenos de 6 a 12 anos, será o 6 de xullo na Área Recreativa da Santaia. E o sábado 13 de xullo está prevista unha excursión á Malpica e Buño. Quen queira ir deberá apuntarse antes do 28 de xuño. O Certame de Bandas de Música pechará as o programa de xullo. Será en Fonte Díaz o domingo 28 de xullo. En agosto haberá dúas citas destacadas: a Feira do Emigrante (día 5) e a Festa da Terceira Idade (domingo día 11). En setembro está programada unha excursión á Mariña de Lugo (sábado 7) e en outubro a saída será a Oporto (fin de semana do 4,5 e 6).

Como todos os anos, a oferta lúdico-formativa será amplia e variada. Os interesados deberán apuntarse antes do 30 de agosto. Están programados cursos de Cociña para adultos, Arte floral, Tapicería, Lingaxe de signos, Poda de árbores froiteiras e enxertos e Cestaría. Tamén haberá cursos organizados polo Departamento de Desenvolvemento Local e as actividades, como todos os anos, de Servizos Sociais para maiores e discapacitados. Para máis información poden consultar a web do Concello de Touro ou achegarse ata a sede consistorial.

Comentarios