Proxección de "La dama de oro" dentro do ciclo de cine do proxecto multidisciplinar "Sonoro empeño"

Proxección de "La dama de oro" dentro do ciclo de cine do proxecto multidisciplinar "Sonoro empeño"
Proxección de "La dama de oro" dentro do ciclo de cine do proxecto multidisciplinar "Sonoro empeño"

Será a partir das 20.00 h no Centro Obra Social ABANCA (pr. de Cervantes)

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias.

Hoxe xoves 16 de maio continuará o ciclo de cinema coa proxección do filme La dama de oro, de Simon Curtis (2015). Será a partir das 20.00 h no Centro Obra Social ABANCA (pr. de Cervantes). A entrada é gratuíta ata completar a capacidade, pero é preciso recoller a invitación na Sala de Exposicións.

Baseada nunha historia real, La dama de oro narra a historia de Maria Altmann, interpretada por Helen Mirren, unha muller xudía que fuxiu de Viena durante a II Guerra Mundial. Sesenta anos despois, no 1998, regresa para reclamar as propiedades que os nazis confiscaron á súa familia, entre as que se atopa o soado Retrato de Adele Bloch-Bauer I, de Gustav Klimt. Un avogado mozo (Ryan Reynolds) axudaraa na súa loita co Goberno austríaco e co Tribunal Supremo dos Estados Unidos. Ao mesmo tempo, Maria deberá enfrontarse aos terribles recordos do seu pasado.

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

Comentarios