David Rial presentado oficialmente como novo técnico do Santiago Futsal

David Rial presentado oficialmente como novo técnico do Santiago Futsal
David Rial presentado oficialmente como novo técnico do Santiago Futsal

O técnico santiagués firma por dúas temporadas

Hoxe mércores día 15 ás 12:15 presentouse a David Rial como adestrador do Santiago Futsal.

No acto, celebrado na cafetería do Auditorio de Galicia, o Presidente D. Ramón García Seara desexoulle o mellor a David nun día no que se inicia unha nova etapa no club pero que, ao mesmo tempo, continúa unha filosofía que leva apoiando desde hai moito tempo na entidade santiaguesa.

“A xente da casa como David Rial representa O club da loita sen ningunha dúbida. Os valores como o esforzo, a ética de traballo e o compromiso coa formación sempre foron os alicerces característicos do Santiago Futsal” expuxo o presidente.

“Con esta aposta estamos seguros de que empeza un ciclo con forzas renovadas, dirixido por xente nova como David e que vai seguir respectando a nosa esencia” comentou.

Pola súa banda, David Rial agradeceu a confianza que o club depositou nel a través deste nomeamento e acordouse de “todas aquelas persoas que, dunha maneira ou outra, puxeron o seu granito de area tanto no persoal como no profesional para que hoxe poida estar aquí, especialmente toda a xente que forma a base e que foi parte fundamental na miña experiencia aquí ata agora.”

David afronta esta nova etapa con ilusión e ganas e sentenciou: “Son un privilexiado. Farei o posible para tentar devolver todo aquilo que o Santiago Futsal deume durante os 10 anos que levo no club”

Comentarios