A Xunta achega 1,5 millóns de euros a 11 concellos para financiar os comedores escolares

A Xunta achega 1,5 millóns de euros a 11 concellos para financiar os comedores escolares
A Xunta achega 1,5 millóns de euros a 11 concellos para financiar os comedores escolares

O Consello da Xunta autorizou o xoves a sinatura de convenios de colaboración cos concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Lugo, Meaño, Mugardos, Muíños, Santiago e Sarria para subvencionar o servizo de comedor durante os vindeiros dous cursos

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional asinará convenios de colaboración cos concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Meaño, Mugardos, Muíños, Lugo, Santiago de Compostela e Sarria para a prestación do servizo de comedor escolar en 48 centros educativos, grazas ao cal se lles facilitará a 4.429 usuarios acceder a este servizo complementario durante os próximos dous cursos 2019/20 e 2010/21, un 17% máis que os beneficiados nos cursos 17/18 e 18/19 para estes mesmos convenios.

A achega total da Consellería para estes convenios será de 1.146.498 euros (case un 11 % máis que nos dous períodos anteriores).

Coa autorización destes convenios, a Consellería reafirma o seu compromiso co mantemento deste servizo complementario educativo, de fundamental importancia para a conciliación da vida familiar e laboral.

Centros beneficiados

Ao abeiro destes acordos, a Consellería apoiará o Concello de Ames na xestión dos comedores dos CEIP A Maía, Agro do Muíño, de Barouta e de Ventín, e da EEI do Milladoiro. No caso de Betanzos o centro beneficiado será o CEIP Francisco Vales Villamarín e en Cangas serano os CEIP Nazaret, do Hío, Espiñeira-Aldán e A Rúa. No acordo co Concello de Ferrol incluiranse os comedores do CPI Almirante Juan de Lángara y Huarte e dos CEIP Cruceiro de Canido, Recimil, Isaac Peral, Manuel Masdias, San Xoán deFilgueira, Esteiro, Pazos, Ponzos e A Laxe; mentres que en Gondomar se incluirán os CEIP Souto de Donas, Serra de Vincios, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro.

En Lugo, o acordo atinxe aO CEIP Albeiro, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luís Pimentel, Rosalía de Castro, Sagrado Corazón e Paradai (este incorpórase novo neste convenio).

Ademais, no concello de Mugardos benefícianse destes convenios os usuarios dos comedores do CEIP Unión Mugardesa, CEIP Santiago Apóstolo e IES de Mugardos; e do CEIP Valle Inclán, en Muíños; así como os dos composteláns CEIP Apóstolo Santiago, Ramón Cabanillas, Cardenal Quiroga Palacios, Roxos-Villestro, Monte dos Postes, Mestre Rodríguez Xixirei, Fontiñas, Vite I e Raíña Fabiola. Por último, no concello de Meaño o convenio beneficiará os usuarios de comedor do CEIP Coirón-Dena; e en Sarria a Escola de Educación Infantil (EEI) de Sarria.

No marco destes acordos de colaboración, a Consellería subvencionará os menús dos comensais durante todo o curso escolar. Pola súa banda, os concellos comprométense á contratación da elaboración e servizo dos menús escolares, así como ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas.

A sinatura destes convenios é un novo paso na aposta que o Departamento de Educación da Xunta de Galicia está a facer en prol do servizo de comedor escolar nos centros educativos.

No pasado curso 17/18, Cultura e Educación destinou preto de 30 millóns de euros aos comedores de xestión propia, así como ao cofinanciamento dos comedores xestionados polos concellos e polas ANPA. Esta cifra supón duplicar o orzamento de 14,6 millóns que se destinaba en 2007 a este mesmo fin. Ademais o número de prazas de comedores incrementouse en 16.800 desde o curso 08/09, un 30% máis neste período.

Ademais, cómpre lembrar que no caso dos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación (un total de 435), o 81,57% dos usuarios teñen este servizo totalmente de balde ou pagando tan só un euro, mentres que a contía máxima de 4,5 euros/día abóana un 13,76% dos usuarios. Esas cifras confirman que o servizo de comedor escolar en Galicia, baseado na renda familiar, é un dos sistemas máis xustos e asequibles para as familias de todo o Estado español.

Comentarios