A Fundación Celta de Vigo e o Concello de Ames presentan a sexta edición do campus de fútbol

A Fundación Celta de Vigo e o Concello de Ames presentan a sexta edición do campus de fútbol
A Fundación Celta de Vigo e o Concello de Ames presentan a sexta edición do campus de fútbol

O campus contará con técnicos do club vigués, que seguirán unha metodoloxía semellante á aplicada nas categorías inferiores do Celta

O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu o xoves a presentación da sexta edición do campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que se desenvolverá nas instalacións do campo municipal de fútbol do Milladoiro entre o 24 e o 28 de xuño. Á presentación acudiron o alcalde de Ames e concelleiro de Deportes, José Miñones, o presidente do Milladoiro SD, Vicente “Checho” González, e mailo responsable dos campus do Celta de Vigo, Alex Abalde. 

O campus contará con técnicos do club vigués, que seguirán unha metodoloxía semellante á aplicada nas categorías inferiores do Celta. A actividade rematará cunha visita ao Estadio de fútbol de Balaídos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 16 de xuño, aínda que aqueles rapaces que se inscriban antes do 31 de maio recibirán unha camiseta Adidas de agasallo.

O Concello de Ames e o Milladoiro SD colaboran coa Fundación Celta de Vigo para poñer en marcha unha nova edición do Campus Fundación Celta by Cabreiroá que se desenvolve neste municipio, co obxectivo de que os nenos e nenas amesás continúen a practicar deporte e se divirtan nas vacacións de verán. Este campus estará dirixido a rapazada de 4 a 16 anos, e levarase a cabo nas instalacións do campo municipal de fútbol do Milladoiro. Con esta sexta edición, que se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño, esperase repetir a voa acollida dos anos anteriores.

O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, destacou que “a práctica de fútbol está ben asentada en Ames da man do Milladoiro SD e o Bertamiráns FC, con case mil fichas federadas. Sen embargo, esta iniciativa facilita que os rapaces sigan adiante coa práctica deportiva durante o verán, formándose e, sobre todo, aproveitando o bo tempo para gozar do seu deporte favorito”. Asemade, o rexedor subliña esta actividade como unha boa alternativa para conciliar a vida familiar e laboral dos pais e nais que deban traballar no verán, o que aumenta a ampla oferta de programas de conciliación dispoñibles no concello, tanto deportivas como municipais.

Pola súa banda, Alex Abalde quixo “agradecer ao Concello de Ames e ao Milladoiro SD por converter este campus no que máis arraigo ten dos que ofertamos na Fundación, así como por darlle a oportunidade aos nenos e nenas de gozar desta oportunidade”.

O campus desenvólvese do 25 ao 29 de xuño

Este campus organizado pola Fundación Celta de Vigo desenvolverase entre o 24 e o 28 de xuño no campo municipal do Milladoiro. Esta iniciativa de cinco días de duración realizarase de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Todos os días os participantes disporán dun pequeno almorzo composto por un bocadillo, froita, auga e bebidas isotónicas. A cada neno que participe neste actividade entregáraselle un equipamento oficial de marca Adidas, que estará composto por uns calcetíns, un pantalón e unha camiseta.

As clases serán impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Real Club Celta de Vigo. O obxectivo é o ensino e o perfeccionamento de tódolos conceptos relacionados co fútbol e o deporte, polo que os nenos recibirán unha formación técnica especializada de primeiro nivel nun ambiente de xogo e entretemento imprescindible para a súa aprendizaxe. Por tanto, empregarase un sistema de aprendizaxe rotativo que dividirá o traballo en catro áreas diferentes, como son coordinación, técnica/táctica, multideporte e competición; unha metodoloxía semellante á aplicada nas categorías inferiores do propio club.

O colofón do programa será, un ano máis, a visita ás instalacións do Estadio de fútbol de Balaídos. Así, os participantes poderán ver o vestiario do primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo, a sala de prensa, o túnel dos vestiarios e o mailo terreo de xogo. Sen embargo, este non é o único factor que anima aos rapaces de anos anteriores. Segundo apunta “Checho”, presidente do Milladoiro SD, “os nenos e nenas xa non só esperan o campus senón que falan dos adestradores que queren que repitan este ano. Algúns dos rapaces/as xa preguntaron polos adestradores de anos anteriores, en concreto por Salva”.

Comentarios
Lo más