CxG denuncia a súa exclusión no debate de hoxe organizado por La Voz de Galicia

CxG denuncia a súa exclusión no debate de hoxe organizado por La Voz de Galicia
CxG denuncia a súa exclusión no debate de hoxe organizado por La Voz de Galicia

Dende Compromiso apunta a que non se está a cumprir o artigo 66 da LOREG, así como o incumprimento da instrución do 2011 que concede un trato especial as forzas extraparlamentarias

Compromiso por Galicia-Santiago vén de presentar unha queixa formal ante a Xunta Electoral de Zona pola súa exclusión do debate que se vai celebrar este luns en Santiago de Compostela por un medio de comunicación privado no que participan CA, PSOE, PP, BNG e C,s sendo Compromiso o único partido excluído. 

Dende Compromiso apunta a que non se está a cumprir o artigo 66 da LOREG, así como o incumprimento da instrución do 2011 que concede un trato especial as forzas extraparlamentarias que teñan consideración de grupo significativo como e o caso de Compromiso, ao contar con dúas alcaldías e 43 concelleiros.

Comentarios