Morre un home de 60 anos na Baña despois de caer sobre o lume da súa cheminea

Morre un home de 60 anos na Baña despois de caer sobre o lume da súa cheminea
Morre un home de 60 anos na Baña despois de caer sobre o lume da súa cheminea

Os feitos ocorreron nas últimas horas da tarde de onte

Un home de 60 anos faleceu este domingo tras caerse sobre o lume dunha cheminea despois de sufrir un ataque, posiblemente epiléptico, na localidade coruñesa da Baña, informan fontes da investigación.

Foron os propios veciños os que alertaron de que algo ocorría ao ver o fume procedente da vivenda deste home, situada na parroquia de San Cibrán.

Ata o lugar desprazáronse os servizos de urxencia e a Gorida Civil, que abriu unha investigación e poder esclarecer os feitos ocorridos.

Comentarios