Salvamento Marítimo rescata a unha persoa dunha embarcación en Marín

Salvamento Marítimo rescata a unha persoa dunha embarcación en Marín
Foto de arquivo
Salvamento Marítimo rescata a unha persoa dunha embarcación en Marín

O suceso ocorreu preto das 16:30 horas de tarde de onte

Na tarde de onte, moi preto das 16:30 horas, cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para alertar dunha persoa con dificultades entre as praias de Aguete e dos Namorados, na localidade pontevedresa de Marín

Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia activaban un operativo no que comunicaban o sucedido ao Servizo Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo, que mobilizaba ao helicóptero Pesca 1 ata o punto, aínda que, finalmente, non foi preciso a súa intervención.

Ademais, solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Policía Nacional e Protección Civil da localidade que informaban ao 112 Galicia que a persoa foi rescatada por unha embarcación da Armada Española que se atopaba na zona.

Comentarios