Alerta en San Vicente do Mar por envorcar unha embarcación

Alerta en San Vicente do Mar por envorcar unha embarcación
Alerta en San Vicente do Mar por envorcar unha embarcación

Unha persoa atopábase na auga ao lado da embarcación pedindo auxilio

Sobre as 17:00 horas da tarde de onte, o 112 Galicia recibía unha chamada de alerta dunha persoa particular. No seu relato indicaba que, unha persoa atopábase na auga o lado dunha embarcación envorcada, na praia próxima a igrexa de San Vicente do Mar.

Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou un novo aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Así como, o servizo sanitario de urxencia, os axentes da Garda Civil e Policía Local e ao Servizo Municipal de Emerxencias do Grove.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia a persoa foi trasladada por unha embarcación particular ata o porto de Meloxo onde se descartou lesión ningunha. Pola súa banda a embarcación puido ser amarrada no porto unha vez dada a volta.

Comentarios