Axudan a un condutor que quedou atrapado no seu camión na N-550, preto do concello de Valga

Axudan a un condutor que quedou atrapado no seu camión na N-550, preto do concello de Valga
Axudan a un condutor que quedou atrapado no seu camión na N-550, preto do concello de Valga

O propio condutor foi o que contactou co 112 Galicia para informar do accidente que se produciu sobre as 3:30 horas da madrugada

O condutor dun camión necesitou a axuda dos servizos de emerxencia para saír do seu vehículo envorcado en Valga.

Foi o propio ocupante quen contactou co 112 Galicia para informar do accidente ás 3:30 horas da madrugada de hoxe e solicitar asistencia despois de envorcar lateralmente o camión que conducía pola N-550, á altura do punto quilométrico 87,3.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo que contou coa colaboración do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Vilagarcía e do GES de Valga co fin de acceder ao implicado mediante a ruptura dun cristal. Deste xeito, o camioneiro puido recibir asistencia médica e mesmo foi traslado ao centro hospitalario de referencia.

Cómpre sinalar que este operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada. Tamén foron informados os membros de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa intervención.

Comentarios
Lo más