Bate o seu vehículo contra o muro dunha casa en Oia
09:55 20/05/19
09:55 20/05/19
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente sobre a medianoite de hoxe
No concello pontevedrés de Oia, o condutor dun turismo necesitou asistencia médica ao sufrir unha saída de vía e bater contra o muro dunha casa.
Poucos minutos antes da medianoite de hoxe, o 112 Galicia tivo coñecemento do accidente mediante a chamda de alerta dun particular.
Aínda que o único ocupante do vehículo puido saír polos seus propios medios, os xestores do co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES de A Garda e tamén aos Bombeiros de Vigo.