En Común mostra a solidariedade cos traballadores da Industria e esixe uns prezos xustos na enerxía

En Común mostra a solidariedade cos traballadores da Industria e esixe uns prezos xustos na enerxía
En Común mostra a solidariedade cos traballadores da Industria e esixe uns prezos xustos na enerxía

"Esiximos prezos xustos na enerxía para que a nosa industria sexa viable", reclamou a deputada Yolanda Díaz hoxe 

A deputada Yolanda Díaz asistiu este luns á manifestación dos traballadores e traballadoras da Industria para reclamar "un futuro para os nosos sectores produtivos".

"Esiximos prezos xustos na enerxía para que a nosa industria sexa viable", reclamou a deputada, que amosou a solidariedade cos traballadores, "especialmente dos sectores que penden dun fío".

"Denunciamos esta situación e intentamos, mediante iniciativas, arranxar a situación da industria. Rematamos a lexislatura reporobando a ministra pola sua inacción e a situación aínda non cambiou", lembrou Díaz, que citou sectores chave como Alcoa, Celsa ou Ferroatlántica.

"Están producindo materiais únicos, polo que facemos un chamado a salvar as industrias e os postos de traballo", engadiu.

A deputada considera que o Goberno non queren enfrontarse as eléctricas, polo que se nega a ter un estatuto que podería solucionar a situación das electrointensivas e a ter prezos da enerxía como en Europa. "España duplica, no peor dos casos, a outros países", denunciou Díaz.

Ante esta situación, lembrou que a clave é o estatuto e regular un prezo para a enerxía industrial.

"A Xunta e o Estado teñense que poñer de acordo para que a industria sexa coordinada dende a SEPI, como Francia e Alemaña", concluiu.

Comentarios