En Marea reclámalle ao Goberno que saque das poxas diarias a enerxía nuclear e hidráulica para salvar a industria electrointensiva

En Marea reclámalle ao Goberno que saque das poxas diarias a enerxía nuclear e hidráulica para salvar a industria electrointensiva
En Marea reclámalle ao Goberno que saque das poxas diarias a enerxía nuclear e hidráulica para salvar a industria electrointensiva

En Marea reclámalle ao Goberno central que saque das poxas diarias a enerxía nuclear e hidráulica para salvar os postos de traballo da industria electrointensiva

No transcurso da manifestación celebrada esta mañá en Santiago por unha tarifa eléctrica competitiva para a industria electrointensiva, En Marea lembroulle ao goberno de Pedro Sánchez que ten nas súas mans salvar os postos de traballo e o futuro de empresas como Alcoa, Megasa, Ferroatlántica ou Celsa. "Ante a situación de emerxencia que estamos a sufrir a nivel de emprego e a nivel de futuro das electrointensivas, o goberno saído das urnas o 28A ten unha solución", sinalou o voceiro de En Marea, Luís Villares, "a solución que achega En Marea é que se aprobe un Real Decreto Lei onde se saquen das subastas diarias toda a enerxía procedente da enerxía nuclear e da hidroeléctrica.

"Esto xa está pasando en Francia neste momento e foi aprobado e autorizado pola Unión Europea e permitiría baixar o MgWh practicamente á metade", lembrou e engadiu que ademais de "facer viable a industria electrointensiva esta medida permitiría baixar o recibo da luz en todas as casas a final de mes". E denunciou que "iIsto púidose facer xa o pasado mes de setembro e non se fixo porque o lobbi das electricas presionou ao PP e PSOE por medio dos seus ex presidentes do goberno para que non se fixese."

Para Villares esta situación é absolutamente intolerable: "As ganancias infames que están tendo as electricas están impedindo o desenvolvemento da industria en Galicia e son un atraco para os consumidores e consumidoras de Galicia e de toda España.Por iso hoxe vimos a esta manifestación para reclamarlle ao goberno de Pedro Sánchez a aprobación inmediata dun RD lei que saque das subastas diarias a enerxía de orixe nuclear e a de orixe hidroeléctrico porque estas insfraestruturas están completamente amortizadas e non compiten con outras porque non van ser autorizadas xa nunca máis no mercaado, e por tanto é posible intervilas".

Pola súa banda, o deputado de En Marea Francisco Casal, informou de que o Decreto Lei que propón En Marea está escrito, gardado nun caixon do MInisterio de Transición Ecolóxica dende o mes de setembro. "Chámase Acceso Regulado a Enerxia Nuclear e Hidraulica Histórica e teno a ministra Teresa Rivero nun caixón porque o lobbi das eléctricas consguiron paralo, é unha maneira de regalar 2.000 millons de euros ás electricas, o que se chaman beneficios caídos do ceo, e arruinar así as empresas electrointensivas deste país". 

Comentarios