Afundación celebra en Santiago o seu encontro interxeracional de "Falamos da escola"

Afundación celebra en Santiago o seu encontro interxeracional de "Falamos da escola"
Afundación celebra en Santiago o seu encontro interxeracional de "Falamos da escola"

O proxecto propicia a celebración de encontros entre maiores e novos para compartir as súas experiencias sobre a escola e reflexionar xuntos sobre o papel da educación actual

Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolve en Santiago de Compostela, coas persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación da cidade e estudantes do IES Rosalía de Castro, o seu programa interxeracional denominado Falamos da escola, no que maiores voluntarios e estudantes de centros escolares de toda Galicia dialogan sobre as súas vivencias ao longo da etapa escolar e reflexionan xuntos sobre o papel que debe xogar a educación na actualidade. 

A iniciativa enmárcase na liña estratéxica O valor da experiencia, da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

O programa articúlase a través de dous encontros entre maiores e novos, o segundo dos cales tivo lugar onte, ás 12:30 horas, no IES Rosalía de Castro cun grupo de estudantes. Neste encontro, a través dunha metodoloxía dinámica e participativa, as persoas maiores voluntarias, que relataron ao alumnado as súas experiencias escolares nun primeiro encontro, e os estudantes, traballan en grupos mixtos para reflexionar sobre o papel que, na súa opinión, debe ter a educación actual. 

Tras as achegas de todos os grupos, levan a cabo votacións individuais para identificar os temas que suscitan maior consenso: favorecer a igualdade de xénero e a igualdade de oportunidades, potenciar as habilidades persoais e preparar para unha vida independente, fomentar a liberdade e a conciencia crítica, son algunhas das cuestións que máis votacións obtiveron ata o momento nesta primeira edición do programa.

Nun segundo momento, os grupos traballan sobre dificultades e propostas para abordar os temas consensuados e, coas achegas de todo o proceso recollidas en tarxetas, constrúese un gran mural colaborativo que queda no centro escolar como mostra desta reflexión interxeracional.

Comentarios
Lo más