Feridas tres persoas nunha colisión frontal en Portanxil

Feridas tres persoas nunha colisión frontal en Portanxil
Feridas tres persoas nunha colisión frontal en Portanxil

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha das persoas feridas na colisión tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia

Tres persoas resultaron feridas esta tarde despois de producirse unha colisión frontal entre dous turismos en Ames, concretamente á altura de Portanxil, na estrada que une Negreira e Bertamiráns.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha das persoas feridas na colisión tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados no accidente.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 15:30 horas e, nada máis recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Brión e da Policía Local. 

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Santiago e de Boiro, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar do sinistro e liberada a vítima, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ás tres persoas feridas a un centro hospitalario.

Comentarios