Unha colisión entre tres coches deixa un ferido leve en Aldea Nova

Unha colisión entre tres coches deixa un ferido leve en Aldea Nova
Foto de arquivo
Unha colisión entre tres coches deixa un ferido leve en Aldea Nova

Foi unha persoa particular quen contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro

Pasados uns minutos das 16:15 horas produciuse unha colisión na que se viron implicados tres coches e unha persoa resultou ferida leve. Sucedeu na rúa de Ribeira, no lugar de Aldea Nova.

Foi unha persoa particular quen contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos voluntarios de Protección Civil de Ames e ao GES de Brión.

Comentarios