Denuncian un novo colapso das urxencias durante a tarde de onte no CHUS

Denuncian un novo colapso das urxencias durante a tarde de onte no CHUS
Denuncian un novo colapso das urxencias durante a tarde de onte no CHUS

Segundo a información facilitada pola Asociación, sobre as 20:00 horas atopábanse 19 pacientes clasificados como graves nas cadeiras de rodas ou padiolas nos corredores de acceso

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve a denunciar ás urxencias do Hospital Clínico por volver a estar colapsadas. 

Segundo a información facilitada pola Asociación, ás 20:04 horas de onte 19 pacientes clasificados pola triaxe como graves agardaban en cadeiras de rodas e padiolas nos corredores de acceso para recibir a primeira atención facultativa.

Mentres esta situación se mantiña, 14 pacientes con ingreso asinado estaban ocupando os espazos de traballo. A planta de medicina interna do Gil Casares, con 42 camas, xa foi pechada fai unha semana e o anexo do mesmo hospital non foi aberto en ningún momento.

"No Servizo Galego de Saúde os pacientes e usuarios padecemos sistematicamente unha absoluta indefensión nun estado que se denomina "de dereito" e no que as normas básicas e dereitos fundamentais son violados pola propia administración sanitaria. Négasenos a tutela xudicial, o dereito efectivo a dignidade, e a atención requirida en casos de urxencia", aseguran nun comunicado a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.

EN FEBREIRO VOLVEU O COLAPSO

No mes de febreiro deste ano a propia Asociación volveu denunciar a situación crítica que se viviu nos corredores do Hospital ao constatar que había 26 pacientes graves no corredor principal en cadeiras de rodas e padiolas.

Ademais, nese momento había 17 pacientes con ingreso asignado estaban ocupando zonas de traballo esperando a dispoñer dunha cama en planta.

Segundo esta mesma Asociación, a Xerencia leva "anos afirmando publicamente que a situación do servizo é debido a momentos puntuais de saturación, e negando, a pesares das evidencias, os malos tratos asistenciais ao que estamos sendo obxecto os pacientes, admitindo as graves carencias de persoal".

Comentarios