Un vídeo revela un pacto entre Bugallo e Hernández para paralizar a tramitación da depuradora de Silvouta

Un vídeo revela un pacto entre Bugallo e Hernández para paralizar a tramitación da depuradora de Silvouta
Un vídeo revela un pacto entre Bugallo e Hernández para paralizar a tramitación da depuradora de Silvouta

O vídeo que se atopa eliminado da páxina de Facebook foi difundido pola formación de Martiño Noriega

A campaña electoral de Santiago toma un novo rumbo coa denuncia de Compostela Aberta ao esixir explicacións ao PSOE e PP de Santiago, despois da publicación dun vídeo nas redes sociais nas que Xosé Sánchez Bugallo revela un pacto con Agustín Hernández para paralizar seis meses a tramitación da depuradora da Silvouta para non interferir nas eleccións municipais do 2011.

Neste vídeo, que foi publicado nas redes de campaña do propio PSOE de Santiago, Bugallo afirma que a comezos de 2011 recibiu unha chamada de Agustín Hernández, daquela conselleiro de Medio Ambiente, no que lle tería dito “Todo esto de las depuradoras siempre es un lío. ¿Qué te parece si esto lo dejamos guardado hata después de las elecciones y lo sacamos después para no montar el lío?”.

Bugallo tería accedido a este pacto de non agresión que retrasou o concurso da depuradora da Silvouta malia a que a obra xa estaba incluida nos Orzamentos Xerais do Estados e que estaba aprobada a declaración de estudo de impacto ambiental e máis de 38 millóns de fondos europeos.

A formación de Martiño Noriega cosindera que "estas declaracións demostran unha vez máis a absoluta frivolidade e irresponsabilidade coa que os candidatos do PSOE e PP tratan dende hai anos unha infraestrutura fundamental para Compostela e como é utilizada a conveniencia de maneira eleitoralista", asegura.

Compostela Aberta esixe aclaracións tanto de Bugallo como de Hernández polo vídeo que foi difundido nas redes sociais do PSOE e que agora está eliminado da súa páxina oficial de Facebook.


Comentarios