A Biblioteca Ánxel Casal presenta hoxe o XIV premio de Novela Europea “Casino de Santiago”

A Biblioteca Ánxel Casal presenta hoxe o XIV premio de Novela Europea “Casino de Santiago”
A Biblioteca Ánxel Casal presenta hoxe o XIV premio de Novela Europea “Casino de Santiago”


O premio Novela Europea “Casino de Santiago”, patrocinado por Ámbito Cultural do Corte Inglés, pretende promover a lectura e o espíritu europeísta, convertindo a toda a cidade de Santiago en xurado dun premio literario 


A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, en colaboración co Casino de Santiago, acolle unha rolda de prensa que terá lugar hoxe 22 de maio ás 11.00 horas no salón de actos da biblioteca para presentar a convocatoria do XIV premio de Novela Europea “Casino de Santiago”. 

Comparecerán Ubaldo Rueda e Maribel Martín, en representación da Asociación Cultural Café Casino de Santiago, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística e Jesús Torres Junquera, director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

O premio Novela Europea “Casino de Santiago”, patrocinado por Ámbito Cultural do Corte Inglés, pretende promover a lectura e o espíritu europeísta, convertindo a toda a cidade de Santiago en xurado dun premio literario concedido a escritores e escritoras dos países da Unión Europea. 

Unha comisión de expertos e expertas selecciona un mínimo de cinco e un máximo de dez novelas dos países da Unión Europea publicadas no ano en curso, novelas que serán promocionadas por todas as librarías de Santiago como novelas finalistas.

O xurado estará formado por tres seccións:

- Sección A, cun peso do 40%, formada por todos os/as residentes, estudantes e persoas que desenvolvan a súa actividade profesional no Concello de Santiago.

- Sección B, cun peso do 10%, formada por todas as socias e socios do Casino.

- Sección C, cun peso do 50%, formada por dez representantes de institucións de Santiago de Compostela.

Todas as persoas interesadas en participar como xurado neste premio literario poderán achegarse ao 2º andar da biblioteca para levar en préstamo algunha das novelas finalistas e desde o 24 ao 29 de xuño poderán depositar o seu voto nunha urna instalada no mostrador. Estes son os títulos das novelas finalistas:

- "Deixe a súa mensaxe despois do sinal" de Arantxa Portabales. Editorial Galaxia

- "Perdón" de Ida Hegazi Høyer. Nórdica libros

- "Recursos inhumanos" de Pierre Lemaitre. Editorial Alfaguara

- "Tierra de campos" de David Trueba. Editorial Anagrama.

- "Toda una vida" de Robert Seethaler. Editorial Salam

Comentarios
Lo más