Bascuas fala cos veciños de Pontepedriña para coñecer as súas demandas

Bascuas fala cos veciños de Pontepedriña para coñecer as súas demandas
Bascuas fala cos veciños de Pontepedriña para coñecer as súas demandas

Previamente unha delegación de Compromiso reuníuse coa Fundación Secretariado Xitano

Compromiso por Galicia continúa coa súa actividade de campaña. Desta volta, a forza galeguista chegou á Pontepedriña, onde mantivo un encontro coa veciñanza do histórico barrio compostelán. 

Así, o seu cabeza de listaxe, Xoán Bascuas, tivo ocasión de intercambiar impresións e de falar de posíbeis solucións ás demandas e necesidades que se lle foron formulando. 

Entre eles destacan os problemas de acceso á axudas para a Área de Rehabilitación Integral, o financiamento dos ascensores das vivendas protexidas, a reurbanización da zona, os problemas que se poden dar a partir da remodelación de Clara Campoamor, ou a localización das paradas dos buses e a súa frecuencia.

Con anterioridade, unha delegación de Compromiso tivo a oportunidade de entrevistarse cos responsábeis da sede santiaguesa da Fundación do Secretariado Xitano. entre outras cousas, falaron o funcionamento dos programas de inserción laboral, de promoción educativa e de empoderamento da muller xitana.

Comentarios