Noriega recibiu aos traballadores municipais no día de Santa Rita de Casia

Noriega recibiu aos traballadores municipais no día de Santa Rita de Casia
Noriega recibiu aos traballadores municipais no día de Santa Rita de Casia

Martiño Noriega agradeceu aos traballadores e traballadoras municipais a súa "profesionalidade" e "dedicación" en prol da cidade e do servizo público

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu no salón vermello os empregados e empregadas municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.

Martiño Noriega agradeceu aos traballadores e traballadoras municipais a súa "profesionalidade" e "dedicación" en prol da cidade e do servizo público, especialmente en tempos coma os actuais de limitacións de persoal. Tamén tomou a palabra no acto o secretario municipal, José Ramón Alonso.

Comentarios