Falece un home na Cañiza ao caer dun tractor

Falece un home na Cañiza ao caer dun tractor
Falece un home na Cañiza ao caer dun tractor

Os feitos ocorreron en Pintelos, na parroquia de Valeixe, ao fío das 13:00 horas de onte

Un home perdeu a vida esta tarde na Cañiza ao caer do tractor que manexaba, que descendeu por un desnivel.

Os feitos ocorreron en Pintelos, na parroquia de Valeixe, ao fío das 13:00 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do accidente.

Unha vez no punto, a pesar dos esforzos, os servizos de emerxencia nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, aos GES e Bombeiros de Ponteareas e aos axentes da Garda Civil, que investigan as causas que provocaron o falecemento da persoa.

Comentarios