Chega unha pequena borrasca a Compostela

Chega unha pequena borrasca a Compostela
Chega unha pequena borrasca a Compostela

 En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 20ºC

O xoves unha fronte moi pouco activa achegarase polo litoral atlántico, polo que se agardan ceos parcialmente cubertos ao oeste, con chuvias febles pola mañá, e unha tarde de nubes e claros con chuvias ocasionais. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso, que será algo máis marcado na metade norte. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 20ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

Comentarios