Un escape de gas obriga ao desaloxo de dous edificios en Salvaterra de Miño sen rexistrarse danos persoais

Un escape de gas obriga ao desaloxo de dous edificios en Salvaterra de Miño sen rexistrarse danos persoais
Un escape de gas obriga ao desaloxo de dous edificios en Salvaterra de Miño sen rexistrarse danos persoais

Unha vez controlada a fuga no tanque de combustible, os habitantes das vivendas puideron regresar con total normalidade ás súas casas

Dous edificios tiveron que ser desaloxados en Salvaterra de Miño por mor dun escape de gas nun depósito situado na azotea dun dos inmobles. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha das persoas que residen nas vivendas dos edificios evacuados resultou ferida nin afectada. Iso sí, durante a intervención, un bombeiro queimouse de xeito leve mentres controlaba a fuga, aínda que non tivo que recibir asistencia médica.

Sucedeu na rúa Fontoura, no número 2, uns minutos antes das 14:45 horas de onte. Foi a Policía Local quen alertou ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño, da Garda Civil e do persoal da empresa subministradora de gas. Ademais, informouse do ocorrido ao 061-Urxencias por precaución e aos GES e Bombeiros de Ponteareas.

Unha vez controlada a fuga no tanque de combustible, os habitantes das vivendas puideron regresar con total normalidade ás súas casas.

Comentarios