Trasladada unha muller ao derrubarse o tellado dunha casa no Incio

Trasladada unha muller ao derrubarse o tellado dunha casa no Incio
Trasladada unha muller ao derrubarse o tellado dunha casa no Incio

O 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular ás 21:30 horas da pasada noite informando do suceso

Os servizos de emerxencia axudaron a dúas persoas que se viron afectadas polo derrube dunha casa no concello lucense do Incio.


O 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular ás 21:30 horas da pasada noite informando do suceso. Segundo o seu relato, o tellado dunha casa derrubouse e provocou que parte do muro do inmoble caera na pista de acceso á vivenda. Un veciño sufriu feridas leves pero non foi necesaria á asistencia médica.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que a casa estaba sendo utilizada para a cría de aves. Tamén, a propietaria do inmoble resultou ferida nunha perna, por mor dos cascotes desprendidos ao derrubarse o tellado.

A muller foi trasladada ao PAC polos servizos sanitarios e os Bombeiros encargáronse de balizar a zona para evitar danos maiores.

Comentarios