A Casa de la Troya organiza unha nova ruta cultural teatralizada polo centro histórico de Compostela

A Casa de la Troya organiza unha nova ruta cultural teatralizada polo centro histórico de Compostela
A Casa de la Troya organiza unha nova ruta cultural teatralizada polo centro histórico de Compostela

A inscrición para poder participar neste itinerario pode facerse chamando ao número de teléfono do museo (981 585 159)

O Museo Casa de la Troya ten en marcha a iniciativa dos Venres Troyanos, todos os venres de maio e xuño. Trátase de roteiros culturais teatralizados por diferentes rúas e prazas do casco antigo de Compostela, co fin de achegar aos participantes, de maneira amena e moi entretida, os feitos históricos relativos ao tempo no que transcorre a novela de Alejandro Pérez Lugín La Casa de la Troya.

O roteiro de hox venres, 24 de maio, dirixido a público de todas as idades, partirá ás 20:30 horas da praza do Toural, cunha duración aproximada de unha hora e media, rematando diante do museo sobre as 22:00 horas. O número máximo de participantes por cada visita é de 15 persoas e ten un custo de 2 € por persoa, 1 € para os rapaces de 10 a 14 anos e para os menores de 10 anos é gratis. A inscrición para poder participar neste itinerario pode facerse chamando ao número de teléfono do museo (981 585 159).

O guía deste roteiro, como é habitual, é Suso Martínez, historiador, guía turístico, divulgador e actor especializado na historia de Galicia. Caracterízase como o estudante Barcala da novela de Pérez Lugín. Ao longo do percorrido irá comentando, de xeito divertido, os fitos históricos e literarios que se agochan tras os muros de Compostela, mesturando o contido histórico co humor.

Visita ao museo

Benigno Amor, presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo, anima a todos os composteláns e turistas a “que se acheguen a coñecer a Casa de la Troya, unha viaxe pola Compostela universitaria de finais do século XIX e comezos do XX”. Lembra que o museo abre durante todo este mes todos os xoves, venres e sábados, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. En xuño abrirá os venres e sábados.

Comentarios
Lo más