Millaraio acada cinco medallas no campionato provincial Xogade

Millaraio acada cinco medallas no campionato provincial Xogade
Millaraio acada cinco medallas no campionato provincial Xogade

O ouro foi para Alejandro Jiménez en Tetrathlon sub14 (80m, 80m valos, lonxitude e peso); Laura Sanz en 60m sub12; e Daniel García en lanzamento de peso sub10; e prata para David Moreno e María Estévez en lanzamento de pelota sub12

O pasado domingo, 12 de maio, celebrouse na Pobra do Caramiñal a final provincial sub10 e sub12 individual e sub14 de combinadas da competición de atletismo en pista Xogade. Os atletas do club de atletismo Millaraio acadaron cinco medallas neste campionato: ouro para Alejandro Jiménez en Tetrathlon sub14 (80m, 80m valos, lonxitude e peso); Laura Sanz en 60m sub12; e Daniel García en lanzamento de peso sub10; e prata para David Moreno e María Estévez en lanzamento de pelota sub12.

Neste mesmo campionato provincial, Nuno Castro foi cuarto en altura e 500m sub12, Noel Ferraces no tetrathlon sub14, e María Estévez nos 2000 metros. David Moreno e Sara Taboada foron quintos nos 1000m sub12 e Nadir Moreira en lanzamento de pelota. Tamén se clasificaron para esta final no tetrathlon sub14 Pablo Cariñena e Antía Figueiras, e nas probas individuais, os sub10 Gabriel Sánchez (pelota e 50m), Tomás Bandín (500m e peso) e Patricia Vigo (pelota), e os sub12 Bruno García (peso e 2000m marcha), Manuel Fernández (2000m marcha), Alba Costa (peso), e Antía Pérez e Ainhoa Suárez (2000m marcha). Participaron tres equipos de relevos: sub10 masculino (Tomás, Gabriel, Daniel e Iago Bouzas), e sub12 feminino e masculino (Alba, María, Sara e Laura, e Jorge García, Nadir, Nuno e Bruno).

Por outra banda, o día 17 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o VIII Campionato de Galicia de clubs sub10, sub12 e sub14. O club de atletismo Millaraio participou con cinco equipos, nas categorías masculina e feminina sub14 e sub12, e feminina sub10. En todas as categorías as atletas e os atletas do club amesán amosaron a súa versatilidade, competindo tanto en carreiras de velocidade e fondo, como en saltos e lanzamentos. Logo dunha emocionante competición de mañá nas categorías sub10 e sub12, pola tarde a competición estivo moi igualada ata o último momento, rematando o equipo sub14 masculino na segunda posición do campionato, a tan só un punto do primeiro equipo clasificado.

Ademais, durante a pasada fin de semana celebrouse en Vigo o campionato de Galicia de clubs de probas combinadas, competición á que asistiron dous equipos, masculino e feminino, dos atletas máis maiores do club (sub16-sub18), rematando os rapaces na terceira posición nesta esixente competición, e finalizando quintas as rapazas.

Comentarios