O VI Foro ABANCA Responsable aposta por unha transformación dixital socialmente responsable

O VI Foro ABANCA Responsable aposta por unha transformación dixital socialmente responsable
O VI Foro ABANCA Responsable aposta por unha transformación dixital socialmente responsable

Máis de 60 empresas asistiron ao sexto encontro organizado por ABANCA co obxectivo de reflexionar sobre os efectos que a transformación dixital produce na economía, a sociedade e o medio ambiente

O Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela acolleu este venres 24 de maio a sexta edición do Foro ABANCA Responsable, que nesta ocasión tivo como eixo central a ‘Transformación dixital socialmente responsable’.

A xornada de traballo reuniu a máis de 60 empresas que compartiron experiencias e coñeceron casos de éxito de outras empresas que conseguiron abordar a transformación dixital de maneira socialmente responsable.

O director xerente de Afundación, a Obra Social de ABANCA, Pedro Otero, foi o encargado de inaugurar o encontro sinalando que “a transformación dixital será un dos piares fundamentais do vindeiro Plan Estratéxico de Afundación. O desenvolvemento tecnolóxico é imparable, vén para quedarse e este foro é o espazo perfecto para facernos pensar sobre as boas prácticas que hai que poñer en marcha para unha transformación dixital responsable”.

De seguido, o foro seguiu con cinco experiencias ‘Made in Galicia’ de diferentes organizacións que explicaron como souberon transformar en impactos positivos os efectos da dixitalización e as implicacións éticas, económicas, sociais e ambientais que viviron.

Lucila García, subdirectora xeral da Fundación Seres, abordou o tema da ‘Transformación dixital con valores’ destacando os 380 millóns de novos traballos relacionados coa tecnoloxía e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que se poden crear e a oportunidade que isto representa para as empresas.

Miguel Varela, da empresa Teimas explicou como a tecnoloxía pode estar ao servizo da sustentabilidade e como esta debe de estar no centro da estratexia das empresas. Por súa banda, José Luis Villar, da empresa Tokapp, contou aos asistentes como a súa aplicación consegue facilitar a comunicación entre escolas e familias, sendo unha plataforma responsable coa privacidade dos usuarios.

Guillermo Taboada, socio fundador de Interim Manager Consulting, a empresa organizadora da Mobile Week Coruña 2018 falou na súa intervención das dificultades que supuxo traer un evento totalmente dixital como a Mobile Week a unha sociedade non dixitalizada totalmente. Por último, Rosa Seoane, xerente de ABANCA Innova, explicou como ABANCA está incorporando a tecnoloxía de modo responsable nas súas oficinas e sedes. “Innovación e responsabilildade son dous dos valores corporativos de ABANCA e neles nos baseamos para implantar o noso novo modelo de oficina centrado no cliente e no que prima a mobilidade, a transparencias y a sustentabilidade”, sinalou.

Tras as presentacións, desenvolveuse unha dinámica de grupo na que os asistentes traballaron sobre as claves para construír unha era dixital responsable e sostible e os desafíos e oportunidades que aporta a transformación dixital. Entre as conclusións da xornada destacouse a ética e os valores como as claves para conseguir una era dixital responsable. Entre os principais desafíos aos que se enfronta a transformación dixital, os asistentes sinalaron a seguridade, a privacidade e que non se perda o factor humano. As persoas deberán estar sempre no centro e desde aí construír una sociedade dixital responsable. Tamén apuntouse á oportunidade que teñen as empresas de liderar o cambio para una transformación dixital ética e responsable.

Para concluír a xornada, realizáronse unhas breves presentación de diferentes iniciativas dixitais con impacto social como o proxecto Neta V3A, con que Atendo quere crear un robot asistencial 100% galego; a plataforma ‘Quiero un abuelo’, que pon en contacto a persoas maiores con familias con nenos; o proxecto de domótica que impulsa a Cruz Vermella Lugo para mellorar a asistencia no fogar a persoas que viven solas; O Centro de Innovación Tecnolóxica de Gradiant que da impulso ás empresas para facelas máis competitivas ou a solución de seguridade marítima axustada ás necesidades de todo tipo de navegantes da empresa Safe2sea

Comentarios