Máis de 250.000 euros para a rehabilitación da Casa das Máquinas

Máis de 250.000 euros para a rehabilitación da Casa das Máquinas
Máis de 250.000 euros para a rehabilitación da Casa das Máquinas

A Casa das Máquinas, deseñada polo arquitecto compostelán Xesús López de Rego, foi construída en 1919 e atópase entre o patrimonio catalogado, en atención ás súas características tipolóxicas e compositivas de especial significación arquitectónica e ambiental

 Xunta de Goberno vén de aprobar, nunha sesión extraordinaria celebrada esta semana, o inicio do procedemento de adxudicación das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas. A actuación suporá un investimento de máis de 250.000 euros.

A Casa das Máquinas, deseñada polo arquitecto compostelán Xesús López de Rego, foi construída en 1919 e atópase entre o patrimonio catalogado, en atención ás súas características tipolóxicas e compositivas de especial significación arquitectónica e ambiental. O edificio, que estivo destinado a albergar un transformador de Fenosa, ten unha cualificación urbanística de dotación con uso previsto sociocultural.

O proxecto licitado contempla a consolidación do edificio, actuando sobre a carpintería e a cuberta. Nos dous casos, manterase o espírito do proxecto orixinal. Ademais, reporase o tellado, adaptando a cuberta á normativa vixente. En canto ao espazo interior, quedará baleiro. A actuación conta co financiamento da Deputación da Coruña, que achegará 200.000 euros do orzamento total das obras. Previamente, o Goberno local ten investido 50.000 euros nunha primeira fase da actuación, para apuntalar a Casa das Máquinas ante o risco de que se rexistraran derrubamentos.

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Na mesma sesión, o Goberno local aprobou o inicio do procedemento de adxudicación do servizo para a posta en marcha do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide para o ano 2020. O orzamento de licitación será de case 80.000 euros, IVE incluído. 

Comentarios