CxG pecha a súa campaña con Centro Cívico de Santa Marta

CxG pecha a súa campaña con Centro Cívico de Santa Marta
CxG pecha a súa campaña con Centro Cívico de Santa Marta

Bascuas agradeceu o apoio prestado pola veciñanza durante toda a campaña e afirma que "o seu programa será o seu guieiro para os vindeiros catro anos"

A candidatura santiaguesa de Compromiso por Galicia celebrou no serán de onte o seu acto de peche de campaña na Sala Magán do CSC de Santa Marta.

No acto interviron o candidato, Xoán Bascuas; Virginia Torres, número dous da candidatura;  Xabier Salgado, número tres; Diego Sande, número cinco, e Marieta Barral, número oito.

Ante un auditorio ateigado,  os intervintes foron expoñendo as propostas de Compromiso para un mandato municipal no que non se contemplan maiorías absolutas. Velaí que Bascuas presentara á forza galeguista como "a forza do diálogo, do consenso e do ben común"

De igual modo, Xoán Bascuas agradeceu o apoio e o agarimo recibido no transcurso da campaña. "Durante este días fomos percibindo como a onda de simpatía cara ás nosas propostas e cara á nosa candidatura foi medrando, e sabemos que esa forza, a vosa forza, será a que nos leve este domingo a ser a forza chave da Corporación municipal nos vindeiros catro anos", concluíu o candidato galeguista.

Comentarios
Lo más