"O negro das viúvas" no Museo do Traxe

"O negro das viúvas" no Museo do Traxe
"O negro das viúvas" no Museo do Traxe

O tema principal é mostrar como escritores dramáticos tan diversos viven e representan un abano de emocións e perfís que se repiten ao longo dos anos

Onte o auditorio do Museo do Traxe encheuse co alumnado do terceiro curso da ESO do IES Maruxa Mallo. O motivo foi a posta en escena do espectáculo teatral O negro das viúvas

Unha peza realizada por Estudio de Teatro Casahamlet en base aos textos dos autores Harol Pinter, Álvaro Cunqueiro, William Shakespere, Manuel Lourenzo e Sara Kane. 

Tras un estudo de cada un deles levouse a cabo un proceso de creación colectiva baixo a dirección e supervisión do director Santiago Fernández. 

O tema principal é mostrar como escritores dramáticos tan diversos viven e representan un abano de emocións e perfís que se repiten ao longo dos anos.

Comentarios