A vítima da agresión machista de Vimianzo xa está na súa casa

A vítima da agresión machista de Vimianzo xa está na súa casa
A vítima da agresión machista de Vimianzo xa está na súa casa

A súa recuperación física e psicolóxica necesitan tempo e por iso os seus achegados e compañeiros recoméndanlle que o tome "con calma", explican fontes próximas a Montse,

A vítima da agresión machista de Vimianzo, Montse L.M., volveu onte a casa, tras máis dunha semana ingresada polas feridas que lle causou a súa exparella, con "moito ánimo e ganas de retomar e de normalizar a súa vida canto antes".

A súa recuperación física e psicolóxica necesitan tempo e por iso os seus achegados e compañeiros recoméndanlle que o tome "con calma", explican fontes próximas a Montse, que non oculta a súa vontade de exteriorizar dalgunha maneira o seu agradecemento por tanta axuda, proximidade e agarimo recibido na súa contorna.

Empezando polo sarxento da Garda Civil que a atendeu nun primeiro momento, tras ser agredida á primeira hora da mañá pola súa exparella na sede de Unións Agrarias onde ela traballa, coas primeiras manobras de primeiros auxilios.

Agradecemento extensible aos cirurxiáns do Hospital Clínico de Santiago que a interviñeron dos seus graves feridas no pescozo, onde Javier Miñones, xa en prisión, cravoulle un coitelo.

Tamén o seu agradecimineto foi para os seus veciños de Vimianzo, que a arrouparon a ela e á súa familia con moitas mensaxes de agarimo e concentracións para mostrarlle o seu apoio e a condena e repulsa á violencia machista.

INGRESADA NA UCI

A vítima permaneceu na UCI varios días despois de ser operada co temor de que puidese sufrir lesións medulares que finalmente se descartaron.

Montse recibiu onte a alta médica e volveu a casa, coa súa familia, onde se recuperará para continuar coa súa vida tras esta terrible experiencia pola que tivo que pasar e que, afortunadamente, empezou a superar.

Comentarios