Cinco persoas feridas nunha saída de vía en Tui

Cinco persoas feridas nunha saída de vía en Tui
Cinco persoas feridas nunha saída de vía en Tui

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 17:15 horas de onte

En Tui, cinco persoas precisaron asistencia médica, tres delas menores, despois dunha saída de vía que tivo lugar á altura do número 4 da rúa da Guarda.

Ata o lugar achegáronse os servizos sanitarios e os axentes da Policía Local. Ademais, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou do ocorrido aos Bombeiros do Baixo Miño e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil  de Tui.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 17:15 horas de onte.

Comentarios