Colisión entre furgoneta e coche no concello das Neves

Colisión entre furgoneta e coche no concello das Neves
Colisión entre furgoneta e coche no concello das Neves

O sinistro tivo lugar na estrada que une Ponteareas e As Neves, ao fío das 16:00 horas de onte

Nas Neves, tres persoas resultaron feridas nunha colisión na que se viron implicados un coche e unha furgoneta. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, dúas das vítimas viaxaban no turismo accidentado e a outra na furgoneta.

Cómpre destacar que, para atención das persoas feridas, descartouse empregar o material de excarceración ao atoparse accesibles despois do accidente.

O sinistro tivo lugar na estrada que une Ponteareas e As Neves, ao fío das 16:00 horas de onte.

Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia e, nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos GES e Bombeiros de Ponteareas e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Baixo Miño.



Comentarios